xullo, 2018

16xulTodo o DíaMUNICIPAL26 Festival Internacional de Jazz & Blues - Alfonso Calvo Septet(Todo o Día: luns) Praza do Teucro. 36002 PontevedraEvento tipo:Municipal,Música

Máis

Detalles do Evento

26 Festival Internacional de Jazz & Blues – Alfonso Calvo Septet.

Luns, 16 de xullo. Praza do Teucro. 22.30 h. Entrada de balde.

Sea ahead (FreeCode JazzRecords 2016) é o segundo traballo como líder do contrabaixista compostelán Alfonso Calvo, nesta ocasión en formato de septeto. As composicións exploran as enormes posibilidades arranxísticas dun ensemble de formato medio coma este, con referencias evidentes ao hard bop e ao jazz modal, sen perder o enfoque persoal. O septeto ten participado no Festival de Jazz de Rianxo 2016, BurgoJazz 2016, Festival de Jazz de Lugo 2016, ImaxinaSons-Festival de Jazz de Vigo 2017, Temple Jazz Festival do Concello de Cambre, BetanJazz-Festival de Jazz de Betanzos 2017 e Festival de Jazz de Noia 2017.

Ademais do repertorio de Sea ahead presentan en directo algúns dos temas que estarán incluídos no seu vindeiro traballo discográfico que será gravado en 2018.

Integran o septeto algúns dos músicos máis relevantes do panorama jazzístico galego:

Pablo Castaño: saxos alto, soprano
Xosé Miguélez: saxos tenor, frauta
Xabier Pereiro GdJazz: trompeta, fliscorno
Luis Miranda: trombón
Iago Mouriño: piano
Alfonso Calvo: contrabaixo, composición&arranxos
Miguel Cabana: batería
Convidado especial – Afonso Traficante: vibráfono

+info. en jazzpontevedra.com

Consulta o programa completo das Festas do Verán 2018

 

Hora

Todo o Día (Luns)

Localización

Praza do Teucro

Praza do Teucro. 36002 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa