marzo, 2019

22marTodo o Día12abrMUNICIPALXX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra(Todo o Día) Pazo da Cultura. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 PontevedraEvento tipo:Cursos,Escena,Exposicións,Máis…,Municipal,Música,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

XX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Do venres 22 de marzo ao venres 12 de abril, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

A REVOLUCIÓN

O dicionario da Real Academia Galega defíne a REVOLUCIÓN como o cambio profundo e brusco das estruturas políticas, sociais e económicas dunha sociedade; levantamento ou sublevación popular que busca un cambio, pero tamén, un cambio rápido e profundo en calquera cousa.

Por iso podemos falar das revolucións concretas e recoñecidas polo nome do país no que se produciron aínda que moitas veces a súa onda de expansión chegara a moitos outros, como a revolución francesa ou a rusa, a mexicana ou a de abril en Portugal. Outras, supoñen un cambio a nivel científico ou tecnolóxico como a industrial, tecnolóxica ou informática. Outras fundamentais, máis lentas e que están en pleno proceso, pero tamén transformadoras como a feminista, a pacifista ou ecoloxista.

A palabra revolución ten carisma, especialmente cando non leva apelido. É un termo que nos remite á utopía, á busca dun futuro mellor, á crenza de que outro mundo é posible,  e ponnos no camiño da transformación da realidade que desde o Salón cremos que se pode e que se debe facer tamén a través dos libros.

Que así sexa!

+info. en salondolibro.gal

 

Hora

Marzo 22 (Venres) - Abril 12 (Venres)

Localización

Pazo da Cultura

Pazo da Cultura. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa