setembro, 2017

16set17:0021:00XORNADA DIDÁCTICA DE ANELAMENTO CIENTÍFICO DE AVES17:00 - 21:00 Evento tipo:Cursos,Máis…,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

QUE FAREMOS?

Aprenderemos un montón de cousas interesantes acerca do incrible mundo das Aves e descubriremos cousas sorprendentes das súas viaxes migratorias polo mundo. E todo en pleno periodo de migración! (Actividade apta para maiores de 6 anos)

Teremos:

-Taller didáctico de Anelamento científico: Onde capturaremos aves silvestres para estudialas e aprender acerca da especie, da súa idade, estado de forma e aprenderemos cousas fascinantes da súa viaxe migratoria. Unha vez estudiadas liebrarémolas de novo ó seu hábitat para continuar a súa viaxe!

-Paseiño para observar e aprender + picnic campestre: Interpretaremos o entorno e exploraremos en busca das aves deste incrible espazo natural para observalas con telescopios e prismáticos e aprender un montón de curiosidades acerca delas.

– Obradoiro infantil de construcción de comedeiros para aves.

CANDO E ONDE?

O sábado 16/09 entre 17-21 h no Esteiro do Miño (A Guarda)

CANTO:

Socios: 5 euros/persoa. Non Socios: Adultos 12 euros/persoa. Nenos 7 euros/rapaz.

INCLÚE: Educadores ambientais e guías de natureza + material actividades + picnic ecolóxico + seguro

APTA A PARTIR DE 6 ANOS

Para participar enviade un correo a info@alados.es ou no 662 140 027 e vos reenviaremos o formulario de inscrición.

+INFO ACTIVIDADE: preme AQUÍ

 

Hora

(Sábado) 17:00 - 21:00

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa