xullo, 2018

16xulTodo o DíaMUNICIPALAbre a Oficina da Feira Franca(Todo o Día: luns) Cidade de PontevedraEvento tipo:Escena,Máis…,Municipal,Música

Máis

Detalles do Evento

XIX edición da Feira Franca de Pontevedra. Festa de interese turístico de Galicia.

A Feira Franca xa está en marcha. Mañá abre a Oficina da festa na súa situación habitual, e o Consello Aberto xa acordou que a temática desta edición serán as lendas.

A Oficina da Feira Franca abrirá no edificio municipal de Alfonso XIII (o antigo conservatorio). A oficina estará aberta de 09.00 a 14.00 horas de luns a venres, até o vindeiro 16 de xullo.

Como vén sendo habitual, esta oficina canalizará todas as peticións da hostalería para montar nas dúas xornadas da Feira Franca; dos particulares que queiran montar mesa para celebrar ceas e xantares no ámbito da Feira Franca, e dos artesáns que desexen participar no mercado medieval.

Ademais, esta semana celebrouse o Consello Aberto da Feira Franca no que participan distintas asociacións e entidades do concello para facer balance da anterior edición e fixar a temática de cara a vindeira edición que será o 31 de agosto e 1 de setembro.

Nesta ocasión valoraron o éxito da anterior Feira, especialmente no tocante ás actuacións e eventos organizados como o torneo medieval que se celebra na praza de Touros, e que todas as entidades acordaron manter de cara á vindeira edición, que terá como temática as lendas.

Participa

O prazo para a presentación de solicitudes será dende o 15 de xuño ata o 16 de xullo de 2018 ás 14.00h.

Solicitude para o mercado de artesanía e alimentación.

Solicitude para hostalaría.

Solicitude para xantares e ceas na rúa.

+info. en feirafranca.pontevedra.gal

 

Hora

Todo o Día (Luns)

Localización

Cidade de Pontevedra

Cidade de Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa