outubro, 2017

28out10:00MUNICIPALXira pola Infancia 2017 (13ª etapa)10:00 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Máis…,Municipal,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

Xira pola Infancia 2017 é un proxecto pedagóxico e social que percorrerá en autobús 15 cidades españolas.

Ten como finalidade crear unha nova cultura do bo trato á infancia e para iso contará cunha expedición de máis de 200 participantes de diferentes países, que compartirán as súas inquietudes e experiencias en programas de participación infantil en diversos lugares do mundo.

Xira pola Infancia 2017 dará a coñecer como referentes internacionais os proxectos “A cidade das nenas e dos nenos” de Francesco Tonucci, “Comunidades de aprendizaxe” de Ramón Frecha, “Cidade Educadora” de José Pacheco e a “Pedagoxía do Movemento Scout”.

Cada etapa da xira ten dous momentos importantes: o foro de políticas sociais de infancia, a caravana do bo trato aos nenos. Entrada de balde ata completar cabida.

+info. en cipinfancia.org

 

Hora

(Sábado) 10:00

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa