xuño, 2020

06xuñTodo o DíaMUNICIPALVoices 2020 - The Jayhawks e Guadi Galego(Todo o Día: sábado) Evento tipo:Municipal,Música

Máis

Detalles do Evento

Voices non é un ciclo de concertos ao uso; é moito mais que música, é interxeracional, é cultura, é unha experiencia única, e é unha das citas imprescindibles no panorama cultural galego, tal e como o demostra o seu público entregado, esgotando as entradas en cada un dos seus eventos, enchendo a cidade do Lérez de vida.

A programación organízase ao redor do Pazo da Cultura de Pontevedra, aos que se van sumando os concertos pertencentes ao ciclo. E para esta cuarta edicion, ofrecemos un novo abono reducido formado polos directos de The Jayhawks e Guadi Galego (e convidados).

Sinónimo de calidade, diversidade e paixón, este ciclo transitou ata agora cunha proposta tan sinxela como efectiva: apostar polas mellores voces coa intención de recoller os sons máis destacados do panorama musical actual levándoo a colgar o cartel de “sold out” en ata sete ocasións.

É, quizais, a consecuencia lóxica da plasmación musical: estilos como o soul, rock, folk ou indie… atoparon o seu lugar nesta cita imprescindible para calquera melómano, nacendo así un ciclo que mantén a esencia e a aposta polos estilos que enxalzan o ritmo e a emoción, pero dando un paso máis aló asumindo riscos: un mesmo espazo, novos públicos e novas sensacións.

The Jayhawks 06/06/20 e Guadi Galego Outono 2020

Abono desde 39,60 € en Ataquilla.com

 

 

 

Hora

Todo o Día (Sábado)

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa