novembro, 2019

01nov21:00MUNICIPALVoices 2019 - Glen Hansard21:00 Pazo da Cultura. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 PontevedraEvento tipo:Municipal,Música

Máis

Detalles do Evento

O artista irlandés Glen Hansard actuará en Pontevedra o próximo mes de novembro con toda a banda ao completo. O seu directo no Pazo da Cultura dentro do ciclo Voices será un dos poucos que ofreza no noso país este ano presentando o seu último traballo This Wild Willing.

Comparado en ocasións con artistas como Bob Dylan, Leonard Cohen ou Van Morrison, colaborou recentemente no último traballo de estudio de Eddie Vedder (Pearl Jam), quen ademáis o invitou a compartir xira este ano.

“This Wild Willing”, é o cuarto álbum de estudo do artista irlandés Glen Hansard. Unha marabillosa colección de cancións onde combina a inventiva sonora da súa outra banda, The Frames, coa disciplina obtida ao longo dos anos como compositor en solitario. Este novo traballo foi concibido integramente en París, e gravado alí mesmo cun amplo grupo de músicos de distintas procedencias e de moi diversos estilos.

Gañador dun Óscar á mellor canción na cerimonia de 2008, vocalista, compositor, guitarrista e líder da banda irlandesa The Frames e do dúo “folk-rock”, The Swell Season, Glen Hansard (Dublín, 1970) traballou como actor en películas como “The Commitments”, de Alan Parker, ou “Once”, de John Carney, pola que obtivo en 2008 o antedito galardón.

Entradas anticipadas á venda en Ataquilla.com desde 20,00 €

 

Hora

(Venres) 21:00

Localización

Pazo da Cultura

Pazo da Cultura. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

X