setembro, 2019

This is a repeating event

29setTodo o DíaMUNICIPALVisitas Guiadas Verán 2019(Todo o Día: domingo) Zona Monumental de PontevedraEvento tipo:Máis…,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Este verán os turistas que visiten Pontevedra poderán optar ao servizo de visitas guiadas acompañados sempre por guías oficiais de Turismo de Pontevedra.

 

Sesións e prezos

As visitas saen desde a Oficina de Turismo Rías Baixas, na avenida de Santa María s/n (os tickets adquírense no mostrador que Turismo do Concello ten nesa Oficina) e teñen unha duración estimada de case dúas horas.

Do 24 de xuño ao 4 de agosto haberá dúas sesións diarias de luns a sábados, en horario de mañá e tarde, ás 11.30 h e ás 18.30 h. O domingo será só de mañá, ás 11.30 h.

Do 5 ao 25 de agosto ampliaranse os horarios. De luns a sábados, ás 11:30 h, 12.00 h, 18:30 h e 19.00 h. Domingos e festivos, ás 11:30 h

A partir do 15 de setembro a visita realizarase de luns a sábados ás 11:30 h e a da tarde adiántase ás 17:30 h. Domingos e festivos, ás 11:30 h

Os prezos son:

Tarifa xeral: 5 €

Tarifa reducida: 3 € (parados/ as, estudantes, xubilados/ as, pontevedreses/ as, familias numerosas)

Menores de 12 anos de balde.

O tamaño máximo do grupo será de 35 persoas e o mínimo, de 5.

 

Percorrido

Durante a visita daranse a coñecer todo tipo de elementos culturais, históricos, monumentais, gastronómicos e festivos relacionados con Pontevedra, destacando no itinerario as súas prazas e a riqueza heráldica da cidade e facendo especial fincapé nas lendas e anécdotas da cidade.

Cómpre destacar que neste percorrido visítase tamén o interior dos principais monumentos da cidade, como as Ruínas de Santo Domingo, o Santuario da Virxe Peregrina, a igrexa de San Bartolomé e a Basílica de Santa María.

 

Visitas de grupos concertados durante todo o ano

Tamén está dispoñible un servizo de visitas concertadas para grupos durante todo o ano. Estas visitas teñen tamén unha duración estimada de 1 hora e 45 minutos e o grupo que queira facer a visita deberá reservar previamente na Casa da Luz no teléfono 986 090 890.

A visita pode realizarse en galego, castelán, inglés, francés e portugués e está suxeita a un grupo mínimo de 10 persoas.

Tarifas especiais para grupos todo o ano:

Grupos de 1-15 persoas: 90 €

Grupos de 16-30 persoas: 115 €

Grupos de 31-60 persoas: 140 €

* As visitas guiadas en idioma estranxeiro (inglés/francés/portugués) incrementarán o importe da tarifa un 10%.

* As visitas guiadas bilingües incrementarán o importe da tarifa nun 30%.

+info. no teléfono 986 090 890 e en visit-pontevedra.gal

 

Hora

Todo o Día (Domingo)

Localización

Zona Monumental de Pontevedra

Zona Monumental de Pontevedra

X