xuño, 2021

24xuñTodo o Día03outVisitas guiadas oficiais polo Centro Histórico de Pontevedra(Todo o Día) Centro histórico da cidade de PontevedraEvento tipo:Máis…,Municipal

Detalles do Evento

Descobre o encanto, historia e cultura de Pontevedra a través dunha visita guiada oficial polos lugares máis emblemáticos da capital das Rías Baixas.

Pasea polas súas rúas e prazas, goza das súas tendas e comercios, empápate do ambiente e a vida local, saborea a súa gastronomía… Ademais, a situación xeográfica de Pontevedra, capital da provincia e das Rías Baixas, é absolutamente privilexiada, comunicada cos principais núcleos urbanos galegos e peninsulares.

Durante a visita daranse a coñecer todo tipo de elementos culturais, históricos, monumentais, gastronómicos e festivos relacionados con Pontevedra, destacando no itinerario as súas prazas e a riqueza heráldica da cidade e facendo especial fincapé nas lendas e anécdotas da cidade.

Hai que destacar que neste percorrido visítase tamén o interior dos principais monumentos da cidade, como as Ruínas de Santo Domingo, o Santuario da Virxe Peregrina, a igrexa de San Bartolomé e a Basílica de Santa María.

Xincana-taller gratuíta para nenos e nenas

Se vés en xullo e agosto con nenos/as de entre 5 e 12 anos Turismo de Ponvedra ten preparada unha actividade especial para que se divirtan mentres ti gozas da nosa visita guiada. Trátase dunha xincana-taller gratuíta para os menores cuxos pais realicen a esta visita. Esta actividade realizarase só as fins de semana.

 TARIFAS 

  • Xeral: 5€
  • Reducida: 3€ (parados/as, estudiantes, jubilados/as, pontevedreses/as, familias numerosas)
  • Ata 12 anos: de balde

 HORARIOS 

Do 24 de xuño ao 14 de setembro

  • Luns a sábado, ás 11:30 e 18:30 horas.
  • Domingos e festivos, ás 11:30 horas.

Do 15 de setembro ao 3 de outubro

  • Luns a sábado, ás 11:30 e 17:30 horas.
  • Domingos e festivos, ás 11:30 horas.

Punto de encontro na oficina de información turística situado no Concello de Pontevedra, Praza de España, s/n.

+info e reservas en visit-pontevedra.com

Máis

Hora

Xuño 24 (Xoves) - Outubro 3 (Domingo)

Localización

Centro histórico da cidade de Pontevedra

Centro histórico da cidade de Pontevedra

X