xaneiro, 2020

10xanTodo o Día12febVII edición do proxecto Pontenciencia(Todo o Día) Evento tipo:Cursos,Máis…,Municipal,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

O proxecto Pontenciencia, que pretende estimular a participación cidadá en procesos científicos e facer visible a ciencia entre @s nen@s e o público en xeral, acaba de arrincar unha nova edición coa posta en marcha de obradoiros de formación no método científico en 13 centros educativos de Pontevedra. O obxectivo destes talleres é explicarlles a grupos de escolares de Educación Primaria e ás súas familias como realizar unha investigación, o protocolo a seguir de maneira lóxica e organizada e como conseguir que os resultados sexan reproducibles e confiables. Ao mesmo tempo, buscan facilitar a participación da comunidade educativa na VII Feira da Miniciencia, que terá lugar no mes de xuño.

A iniciativa, impulsada polo concelleiro de Educación, o socialista Tino Fernández, traducirase en dous tipos de obradoiros: uns destinados a escolares de 5º a 6º de Primaria que participarán na Feira co seu centro escolar e que se desenvolverán dentro da aula en horario lectivo; e outros dirixidos ás familias que desexen participar cos seus fillos/as (de entre 7 e 12 anos), convocados a través das Anpa e impartidos en horario de tarde. Os asistentes poderán aprender unha metodoloxía de investigación aplicable a calquera ámbito social, económico ou ambiental.

As accións formativas xa se puxeron en marcha no CEE Pontevedra, o CEIP Plurilingüe Froebel, o CPR Salvador Moreno e os CEIP de Marcón, Cabanas e A Xunqueira II. Entre finais de mes e principios de febreiro tamén se iniciarán talleres nos CEIP San Martiño, Plurilingüe San Benito de Lérez e Ponte Sampaio, o CEP Marcos da Portela e os CPR San José e plurilingües Sagrado Corazón (Os Praceres e Pontevedra Leste).

Consulta as datas de inicio dos obradoiros e os seus horarios na seguinte ligazón: VII Ponteciencia

 

Hora

Xaneiro 10 (Venres) - Febreiro 12 (Mércores)

X