setembro, 2017

16set12:30Vermú entre libros con Emma Pedreira e Ana Cabaleiro12:30 Libraría Paz. Peregrina, 29. 36003 PontevedraEvento tipo:Máis…

Máis

Detalles do Evento

Sapos, sereas, bibliópatas e fobólogos están convocadxs ao Vermú entre libros con Emma Pedreira e Ana Cabaleiro que celebraremos o sábado 16 de setembro ás 12,30 h.

Con Emma e Ana experimentaremos este novo formato de conversa cruzada, suxerido pola Pedreira, no que falarán dos seus libros, dxs personaxes, da vida que as autoras lles deron e que elxs devolven cheas de historias, experiencias, anécdotas, algunhas ben boas que seguro nos han contar.

“Sapos e sereas”, editado por Galaxia, é o primeiro libro de Ana Cabaleiro co que nos descubre unhas historias insubmisas que dan moito que pensar.

En “Bibliópatas e fobólogos”, editado tamén por Galaxia, Emma Pedreira fálanos de libros que conteñen libros, libros polos que matar e polos que vivir.

Hora

(Sábado) 12:30

Localización

Libraría Paz

Libraría Paz. Peregrina, 29. 36003 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa