marzo, 2020

14mar12:30Vermú entre libros cone Iria Pinheiro e María Lado12:30 Evento tipo:Máis…

Máis

Detalles do Evento

O Vermú entre libros de marzo recibe a visita de Iria Pinheiro e María Lado que conversarán con Oriana Méndez.

Iria e María teñen en común unha diversidade creativa que as leva polos camiños do teatro, a narración, o audiovisual, a interpretación e tamén a escrita.

E da súa marabillosa escrita nace este novo libro, ‘Uralita’. Editado por Cuarto de Inverno é, segundo contan na editorial, un proceso de escrita vivo, impúdico, singular, no que se deixan levar polo ímpeto da transmisión oral para que as verbas se transformen nun xeito rabudo de atopar o lugar de pertenza, nun retrato dunha Galiza periurbana que habitan ambas as dúas para agasallarnos con este ser salvaxe que lles naceu e que non quixeron domesticar.

 

Hora

(Sábado) 12:30

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa