decembro, 2019

14dec12:30vermú entre libros coa poeta María do Cebreiro12:30 Libraría Paz. Peregrina, 29. 36003 PontevedraEvento tipo:Máis…

Máis

Detalles do Evento

O vermú entre libros de decembro acolle a visita da poeta María do Cebreiro que conversará co tamén poeta Ismael Ramos.

Neste vermú María e Ismael falarán, entre outros temas, do seu último libro editado por Galaxia (Falamos de Libros) ‘A herba de namorar’ que condensa en cincuenta poemas a produción da poeta dende a aparición de ‘O estadio do espello’ en 1998 ata o recente ‘Soños. Arquivos. Cartas’ (2018).

María do Cebreiro é profesora de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Universidade de Santiago de Compostela, tamén autora de ensaios, antoloxías e de máis dunha ducia de poemarios entre os que destaca a triloxía composta por Os inocentes (2014), O deserto (2015, Premio da Crítica Española e Premio da Crítica de Galicia), e A lentitude (2017).

Hora

(Sábado) 12:30

Localización

Libraría Paz

Libraría Paz. Peregrina, 29. 36003 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa