xaneiro, 2018

15xanTodo o Día15xuñMUNICIPALVenda física de billetes para os espectáculos do Pazo e o Teatro Principal na Casa da Luz(Todo o Día) Casa da Luz. Praza de Verdura, s/n. 36002 Pontevedra

Máis

Detalles do Evento

Bota a andar na Casa da Luz o servizo de venda física de billetes para os espectáculos do Pazo e o Teatro Principal.

Hai unhas semanas a  concelleira de Cultura, Carme Fouces, presentaba en rolda de prensa novas sobre servizo de venda de entradas, ata o momento levado a cabo por Ataquilla. O cambio a Ticketea responde a unha mellora que permite a venda a través da propia web e Facebook do Pazo da Cultura e, a partir de mañá luns, a venda física de entradas na Casa da Luz. Unha ubicación idónea tanto polo seu emprazamento físico nun punto clave do Casco Vello, céntrico e con moita afluencia, como por ser un lugar de información para os visitantes de fóra, que poden querer completar o seu paso pola nosa cidade con algunha actividade cultural das programadas.

Un sevizo que nace en definitiva para achegar a venda dos espectáculos programados por Cultura do Concello de Pontevedra ao maior número de público e entre outras cuestións, para cubrir unha demanda, especialmente do público de idade máis avanzada que non manexa tecnoloxía e carece de correo elecrónico ou non quere facilitar os seus datos bancarios nin online nin telefónicamente, que eran as canles de venda anticipada ata o momento.

 

O persoal da Casa da Luz, que recibíu unha formación por parte da empresa Ticketea, ademáis de despachar billetes – polo momento só mediante pago en metálico- está capacitado para realizar duplicados de entradas no caso de que o/a titular non as localice e auxiliar na compra online se se prefire a versión dixital á impresa.

Durante o inverno o horario de venda na Casa da Luz será de 9:30 a 14 horas e de 16:30 a 19:30 de luns a sábado e os domingos e festivos de 10 a 14h.

Como viña sendo habitual, os despachos de billetes do Pazo e o Teatro Principal abrirán igualmente antes de cada evento: dúas horas antes no caso do Pazo e unha no do Principal, salvo os Domingos do Principal, que son tamén dúas antes de cada pase.

Hora

Xaneiro 15 (Luns) - Xuño 15 (Venres)

Localización

Casa da Luz

Casa da Luz. Praza de Verdura, s/n. 36002 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa