setembro, 2017

22setTodo o Día01outMUNICIPALV Festival das Núbebes - Artes escénicas para bebés e familia(Todo o Día) Casa das Campás, Casa Azul, Teatro Principal, Praza do Teucro e o Patronato de Turismo Rías Baixas.Evento tipo:Escena,Máis…,Municipal,Música,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

Co mes de setembro chega a Pontevedra o festival que os máis pequenos/as e tamén os papás e mamás estabades a agardar. Serán dúas intensas fins de semana cheíñas de propostas arredor das artes escénicas, pensadas e dirixidas á cativada da casa.

Teremos teatro, danza, música, obradoiros, animación de rúa, contacontos, a guerra de  almofadas…

Un amplo abano de cousiñas bonitas que preparamos con moito cariño e cuns fermosos obxectivos: que poidades aprender xuntos, compartir experiencias e gozar dun tempo de lecer en familia.

O programa de actividades desenvolverase os días 22, 23, 24, 29, 30 de setembro e 1 de outubro, en espazos espallados por toda a cidade: Casa das Campás, Casa Azul, Teatro Principal, Praza do Teucro e o Patronato de Turismo Rías Baixas.

Descarga e consulta o PROGRAMA.

Comeza a quinta edición. Benvidos/as ao Festival das Núbebes!

NORMAS DE PARTICIPACIÓN

Ten en conta que todas as actividades do programa teñen un aforamento limitado, e que o número de prazas dispoñibles dependerá das características de cada unha delas e a idade dos cativos aos que se dirixan.

O Festival dispón de venda de entradas anticipada en ataquilla.com Este servizo está operativo para as entradas daqueles espectáculos que teñan custe.

Para asistir ás actividades, tanto as que sexan de balde como as que teñan un custe, é necesaria a recollida previa de entradas na billeteira do Teatro Principal (a excepción das que se impriman na casa a través do servizo que ofrece ataquilla.com)

As entradas poderán retirarse o mesmo día da función (cun máximo de 4 por persoa e espectáculo) cos seguintes horarios: de 10.00 a 13.00 h. para os espectáculos da mañá e de 16.00 a 19.00 h para os espectáculos da tarde. Os venres a billeteira só abrirá en horario de tarde.

As actividades de rúa non requiren entrada.

Por favor, chega un pouco antes da hora. As actividades programadas comezarán puntualmente. Unha vez iniciada a función non se poderá acceder ao espazo onde se celebre
Os bebés deben ir sempre acompañados por unha ou dúas persoas adultas
As actividades recollidas neste programa poden estar suxeitas a  cambios de última hora alleos á organización.

Hora

Setembro 22 (Venres) - Outubro 1 (Domingo)

Localización

Casa das Campás, Casa Azul, Teatro Principal, Praza do Teucro e o Patronato de Turismo Rías Baixas.

Casa das Campás, Casa Azul, Teatro Principal, Praza do Teucro e o Patronato de Turismo Rías Baixas.

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa