setembro, 2017

29set17:00MUNICIPALV Festival das Núbebes - Artes escénicas para bebés e familia. Venres 29 de setembro17:00 Casa Azul. Rúa Sor Lucía, 4, 36002 PontevedraEvento tipo:Cursos,Máis…,Municipal,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

V Festival das Núbebes. Festival de Artes Escénicas para Bebés e Familia.

Actividades do venres 29 de setembro na Casa Azul.

Cociña de cores
Ás 17.00 h e 19.00 h na Casa Azul. Sala Valdecorvos
Asociación Socio Sanitaria Educativa
Inflamatoria Intestinal (Asseii)
Obradoiro de cociña saudable e divertida
De 2 a 4 anos | Entrada de balde*

O teu parto consciente
De 17.00 h a 20.00 h na Casa Azul. Sala Almofrei
Tetameiga
Charla
Público familiar | Entrada de balde*

 

Descarga e consulta o PROGRAMA

 

NORMAS DE PARTICIPACIÓN

Ten en conta que todas as actividades do programa teñen un aforamento limitado, e que o número de prazas dispoñibles dependerá das características de cada unha delas e a idade dos cativos aos que se dirixan.

O Festival dispón de venda de entradas anticipada en ataquilla.com Este servizo está operativo para as entradas daqueles espectáculos que teñan custe.

Para asistir ás actividades, tanto as que sexan de balde como as que teñan un custe, é necesaria a recollida previa de entradas na billeteira do Teatro Principal (a excepción das que se impriman na casa a través do servizo que ofrece ataquilla.com)

As entradas poderán retirarse o mesmo día da función (cun máximo de 4 por persoa e espectáculo) cos seguintes horarios: de 10.00 a 13.00 h. para os espectáculos da mañá e de 16.00 a 19.00 h para os espectáculos da tarde. Os venres a billeteira só abrirá en horario de tarde.

As actividades de rúa non requiren entrada.

Por favor, chega un pouco antes da hora. As actividades programadas comezarán puntualmente. Unha vez iniciada a función non se poderá acceder ao espazo onde se celebre
Os bebés deben ir sempre acompañados por unha ou dúas persoas adultas

As actividades recollidas neste programa poden estar suxeitas a  cambios de última hora alleos á organización.

Hora

(Venres) 17:00

Localización

Casa Azul

Casa Azul. Rúa Sor Lucía, 4, 36002 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa