setembro, 2017

30setTodo o DíaMUNICIPALV Festival das Núbebes - Artes escénicas para bebés e familia. Sábado 30 de setembro(Todo o Día: sábado) Casa das Campás, Casa Azul, Teatro Principal, Praza do Teucro e o Patronato de Turismo Rías Baixas.Evento tipo:Escena,Máis…,Municipal,Música,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

V Festival das Núbebes. Festival de Artes Escénicas para Bebés e Familia.

Actividades do sábado 30 de setembro en distintos espazos espallados pola cidade.

O estímulo con respecto
Cada ser ten o seu ritmo
11.00 h e 17.00 h (de 0 a 6 meses)
12.00 h e 18.00 h (de 6 meses a 1 ano)
Patronato de Turismo Rías Baixas
Sonia Carbón Novoa | Obradoiro familiar
Público familiar | Entrada de balde*

Guerra de almofadas
12.45 h na Praza do Teucro
Cada participante (pequenos/as e grandes)
deberá traer o seu coxín ou almofada
Público familiar

Contos para bebés
11.15 h, 17.00 h e 18.00 h na Casa das Campás
Pavís Pavós
Sesión de contos
De 0 a 3 anos | Entrada 2,5 EUR*

Cantos e danzas en familia
13.15 h na Praza do Teucro
Marcelo Dobode
Público familiar | Entrada de balde*

Sin palabras
(se las llevó el aire…)
11.30 h, 17.00 h e 18.30 h no Teatro Principal
La Sal Teatro |Teatro
De 1 a 4 anos | Entrada 2,5 EUR*

 

Descarga e consulta o PROGRAMA

 

NORMAS DE PARTICIPACIÓN

Ten en conta que todas as actividades do programa teñen un aforamento limitado, e que o número de prazas dispoñibles dependerá das características de cada unha delas e a idade dos cativos aos que se dirixan.

O Festival dispón de venda de entradas anticipada en ataquilla.com Este servizo está operativo para as entradas daqueles espectáculos que teñan custe.

Para asistir ás actividades, tanto as que sexan de balde como as que teñan un custe, é necesaria a recollida previa de entradas na billeteira do Teatro Principal (a excepción das que se impriman na casa a través do servizo que ofrece ataquilla.com)

As entradas poderán retirarse o mesmo día da función (cun máximo de 4 por persoa e espectáculo) cos seguintes horarios: de 10.00 a 13.00 h. para os espectáculos da mañá e de 16.00 a 19.00 h para os espectáculos da tarde. Os venres a billeteira só abrirá en horario de tarde.

As actividades de rúa non requiren entrada.

Por favor, chega un pouco antes da hora. As actividades programadas comezarán puntualmente. Unha vez iniciada a función non se poderá acceder ao espazo onde se celebre
Os bebés deben ir sempre acompañados por unha ou dúas persoas adultas

As actividades recollidas neste programa poden estar suxeitas a  cambios de última hora alleos á organización.

 

Hora

Todo o Día (Sábado)

Localización

Casa das Campás, Casa Azul, Teatro Principal, Praza do Teucro e o Patronato de Turismo Rías Baixas.

Casa das Campás, Casa Azul, Teatro Principal, Praza do Teucro e o Patronato de Turismo Rías Baixas.

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa