outubro, 2017

01outTodo o DíaMUNICIPALV Festival das Núbebes - Artes escénicas para bebés e familia. Domingo 1 de outubro(Todo o Día: domingo) Casa das Campás, Casa Azul, Teatro Principal, Praza do Teucro e o Patronato de Turismo Rías Baixas.Evento tipo:Escena,Máis…,Municipal,Música,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

V Festival das Núbebes. Festival de Artes Escénicas para Bebés e Familia.

Actividades do domingo 1 de outubro en distintos espazos espallados pola cidade.

Arre Ru
11.00 h, 12.15 h, 17.00 h, 18.15 h na Casa das Campás
Rilo&Penadique
Sesión de contos e música
A partir de 0 meses | Entrada 2,5 EUR*

Colorín colorado este conto
está empezando…
11.30 h, 12.45 h, 17.00 h e 18.15 h na Casa Azul. Sala Almofrei
O espazo das cousas
Obradoiro de plástica
De 18 meses a 3 anos | Entrada de balde*

“OHMMMMM”
11.15 h, 12.30 h, 17.15 h no Patronato de Turismo Rías Baixas
Iria Carrera e Begoña Ruibal de CEE
Amencer-Aspace
Obradoiro de iniciación ao Ioga
A partir de 2 anos| Entrada de balde*

Concerto “Viaxe a fantasía” e clausura do Festival con Roque
19.00 h no Teatro Principal
María Faltri, Jorge Juncal e Baobab Teatro
Público Familiar | Entrada 2,5 EUR*

 

Descarga e consulta o PROGRAMA

 

NORMAS DE PARTICIPACIÓN

Ten en conta que todas as actividades do programa teñen un aforamento limitado, e que o número de prazas dispoñibles dependerá das características de cada unha delas e a idade dos cativos aos que se dirixan.

O Festival dispón de venda de entradas anticipada en ataquilla.com Este servizo está operativo para as entradas daqueles espectáculos que teñan custe.

Para asistir ás actividades, tanto as que sexan de balde como as que teñan un custe, é necesaria a recollida previa de entradas na billeteira do Teatro Principal (a excepción das que se impriman na casa a través do servizo que ofrece ataquilla.com)

As entradas poderán retirarse o mesmo día da función (cun máximo de 4 por persoa e espectáculo) cos seguintes horarios: de 10.00 a 13.00 h. para os espectáculos da mañá e de 16.00 a 19.00 h para os espectáculos da tarde. Os venres a billeteira só abrirá en horario de tarde.

As actividades de rúa non requiren entrada.

Por favor, chega un pouco antes da hora. As actividades programadas comezarán puntualmente. Unha vez iniciada a función non se poderá acceder ao espazo onde se celebre
Os bebés deben ir sempre acompañados por unha ou dúas persoas adultas

As actividades recollidas neste programa poden estar suxeitas a  cambios de última hora alleos á organización.

Hora

Todo o Día (Domingo)

Localización

Casa das Campás, Casa Azul, Teatro Principal, Praza do Teucro e o Patronato de Turismo Rías Baixas.

Casa das Campás, Casa Azul, Teatro Principal, Praza do Teucro e o Patronato de Turismo Rías Baixas.

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa