marzo, 2019

16mar20:00MUNICIPALIII URBAN TRAIL NIGHT – PONTEVEDRA 201920:00 Cidade de PontevedraEvento tipo:Máis…,Municipal

Máis

Detalles do Evento

O Concello de Pontevedra, en colaboración con QUALITÉ SPORT EVENTS e Sra. EMILIA AXENCIA DE COMUNICACIÓN E PUBLICIDADE, organizarán o sábado 16 de Marzo a III Edición da “URBAN TRAIL NIGHT – PONTEVEDRA”

A saída darase o sábado 16 de Marzo ás 20:00 horas con chegada a Praza de Touros da cidade.

A organización poñerá ao servizo dos participantes unha liña de autobús ao final da proba. O primeiro autobús, partirá ás 21.30 h., dende as inmediacións da Praza de Touros, cara ao recinto feiral de Pontevedra. A saída do último autobús será ás 22.30 desde o mesmo lugar.

O participante deberá ser obrigatoriamente maior de idade e utilizar, durante a carreira, un
frontal (headlight) e o chip facilitado pola organización. Os menores de idade que queiran participar, deberán enviar un correo electrónico info@urbantrailnight.com cunha autorización do pai, nai ou titor asinada.

O percorrido estará sinalizado e haberá persoal de seguridade nos cruzamentos conflitivos. O trazado da proba transcorre por rúas beirarrúas e parques das cidades, non estando permitido baixo ningún concepto saírse do trazado establecido pola organización, (sendo descualificado aquel participante que non cumpra este requisito.

+info. e inscrición en championchipnorte.com

 

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Cidade de Pontevedra

Cidade de Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa