febreiro, 2018

20feb20:30MUNICIPAL“Unha pomba posou nunha póla a reflexionar sobre a existencia”. Proxección do Cineclube Pontevedra20:30 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Máis…,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Proxección en VOSE do filme “Unha pomba posou nunha póla a reflexionar sobre a existencia” (Roy Anderson, 2015, Suecia, 101 min.), organizada polo Cineclube Pontevedra.

Sam e Jonathan, dous comerciais que venden artigos de festa, condúcennos por un percorrido caleidoscópico a través do destino do ser humano. Os dous forman unha parella sorprendente: venden grotescos artigos para festas e están sempre discutindo. Sam, convencido de ser o cerebro da organización, trata o seu compañeiro co máis absoluto paternalismo. Jonathan é lento e flegmático, é feliz con calquera cousa. Sam e Jonathan son dous personaxes tan divertidos coma graves, e acompáñannos durante unha serie de momentos cada cal máis sorprendente.

León de Ouro ao mellor filme no Festival de Venecia 2014 • Mellor comedia nos Premios do Cinema Europeo 2015.

Faite socio/a do Cineclube Pontevedra por 60 € ano ano, 18 € ao trimestre ou 2 € por pase.

+info. en cineclubepontevedra.blogspot.com.es

 

Hora

(Martes) 20:30

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa