febreiro, 2018

02febTodo o Día24abr"Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia"(Todo o Día) Café Moderno Afundación. Praza San Xosé, 3. 36001 PontevedraEvento tipo:Exposicións

Máis

Detalles do Evento

.O Café Moderno Afundación de Pontevedra acolle esta exposición itinerante, un percorrido pola monumental obra de Ruth Matilda Anderson (1893-1983), fotógrafa e etnógrafa da Hispanic Society of America en Nova York, que viaxou por Galicia entre 1924 e 1926.

As impresionantes imaxes da Galicia de comezos do pasado século, case todas inéditas ata esta montaxe, procedentes do arquivo novaiorquino da investigadora.

Os comisarios da exposición, Miguel Anxo Seixas Seoane e Patrick Le-naghan, resolveron un longo proceso que comezou hai máis de cinco anos na sede da Hispanic Society of America, a centenaria institución cultural que enviou a Ruth Mathilda Anderson (1893-1983) a estudar e documentar a sociedade galega da época.

Do 2 de febreiro ao 21 de abril, no Café Moderno Afundación. Horario: de luns a venres, de 17:30 a 20:30 h. Sábados, de 11 a 14 h. e de 17:30 a 20:30 h.

Hora

Febreiro 2 (Venres) - Abril 24 (Martes)

Localización

Café Moderno Afundación

Café Moderno Afundación. Praza San Xosé, 3. 36001 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa