febreiro, 2020

08feb20:00MUNICIPAL"UNAde8"20:00 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena

Máis

Detalles do Evento

3 mulleres que nada teñen que ver, coinciden na sala de espera do hospital que lles leva á consulta 12.Lugar que, durante moito tempo, será o seu punto de encontro.

Ana, Belinda e Cefe son diagnosticadas de cancro de mama o mesmo día. A través delas, e das súas historias coñeceremos como se enfrontan ao diagnóstico e ás reaccións que se van atopando durante o proceso.

Con toques de humor e algo de ironía, elas ensinarannos que a vida é marabillosa, e mentres esteamos vivas…….VIVAMOS!

Esta obra foi dirixida por Maria Lebrato a partir de 31 testemuños de mulleres reais con cancro de mama e cancro de mama Metastásico.

Cun enfoque de realidade, esperanza e humor, UNAde8 ten como finalidade ser voz e corpo dunha enfermidade que a día de hoxe, padece unha de cada 8 mulleres e que o 20% destas morren por ser Metastásico.

Escrita e dirixida por Maria Lebrato.

Repartición: Con Gisela Flamenco(Ana),Isabel Roldán( Belinda) e Crisanta Gonzalez( Cefe)

Todo o diñeiro recadado nesta obra irá destinado á Asociación de Cancro de Mama Metastásico ( ACMM) que se constituíu no mes de Febreiro de 2018, por iniciativa dun grupo de pacientes de cancro de mama avanzado de España. É a primeira asociación deste tipo que existe en Europa, e o seu ámbito é nacional.

Esta enfermidade representa o 20% de pacientes afectadas de cancro de mama, para as cales a día de hoxe non existen tratamentos efectivos capaces erradicar a enfermidade.

O Cancro de Mama Metastásico dáse cando as células tumorales hanse diseminado a outros órganos, na maioría de casos a ósos, pulmóns, fígado e cerebro. Actualmente non ten cura.

O 20% de mulleres con Cancro de Mama Metastásico, ten menos de 40 anos. Cos tratamentos actuais, a media de supervivencia é de 4 anos, moitas delas non chegarán aos 50. Necesitamos máis investigación para seguir vivindo.

A Asociación ten o compromiso de apoiar a investigación en metástase de cancro de mama, mediante a doazón a proxectos liderados por investigadores españois. Con só un ano e medio de existencia puidéronse achegar recursos ao Proxecto Seroteca liderado pola Dra. Saura do VHIO e ao Proxecto Chronos Hope liderado pola Dr. Aleix Prat do Clínic e Solti.

De igual modo convocouse o I Premio M Chiara Giorgetti á investigación en CMM, cun premio de 50.000 euros que se doará ao proxecto gañador.

Prezo: desde 10,00 €. Entradas anticipadas á venda en Ataquilla.com

 

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa