decembro, 2019

02dec20:30MUNICIPAL“TROTE”, proxección do cineclube pontevedra20:30 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

TROTE
Xacio Baño, 2018, 83 min., VO

*Entrada de balde até completar cabida.
*Sesión en colaboración co CGAI-Filmoteca de Galicia.

O agardadísimo debut na longametraxe de Xacio Baño chega ao Teatro Principal da man do Cineclube Pontevedra e grazas á colaboración do CGAI-Filmoteca de Galicia, logo da súa selección en festivais de primeiro nivel coma Locarno ou Donostia.

Cun elenco encabezado por María Vázquez, Diego Anido e Celso Bugallo, o filme ofrece un sentido retrato de Carme, unha moza do interior de Galicia que, farta de ser a irmá deou a filla de..., procura un espazo para coller aire e fuxir.

Trote transcorre durante a fin de semana en que se celebra a Rapa das Bestas, a loita ancestral entre home e cabalo. A aldea onde Carme vive co seu pai e a súa nai doente comeza a prepararse para a festa. Luís, o seu irmán maior, volve á casa familiar por uns días coa súa parella María. Trote é a loita entre o home e o cabalo, entre a razón e o instinto…

+info. en cineclubepontevedra.blogspot.com

 

Hora

(Luns) 20:30

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa