setembro, 2017

01setTodo o Día31decTRIBU BOSQUINENOS- Grupo de xogo e aprendizaxe activa na Natureza(Todo o Día) Evento tipo:Cursos,Máis…,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

Chegado setembro comezamos coas actividades das Tribus de xeito continuado até xuño.

ACTIVIDADE APTA PARA NENOS DE 5 A 12 ANOS.

EN QUÉ CONSISTEN AS ACTIVIDADES?: Tódalas actividades están relaccionadas coa Natureza, o xogo e a creatividade. Faremos: OBRADOIROS(comedeiros aves, rastros animais, etc) ARTE NA NATUREZA (Land Art, Fotografía, pintura, etc), PASEOS polo entorno, OBSERVACIÓN FAUNA E FLORA, XOGO LIBRE e sesión de IOGA divertido e relaxante en plena natureza!

ONDE TEMOS TRIBUS?: En Vigo, Pontevedra e Cangas.

CANDO SON OS ENCONTROS? Facemos varios encontros mensuais entre setembro e xuño.

– TRIBU PONTEVEDRA: Encontros cada PRIMEIRO e TERCEIRO sábado de cada mes (salvo setembro, decembro e xaneiro que só haberá unha) Horario: de 11 a 14 h.
– TRIBU VIGO: Encontros cada SEGUNDO e CUARTO sábado de cada mes (salvo setembro, decembro e xaneiro que só haberá unha) Horario: de 11 a 14 h.
– TRIBU CANGAS: Encontros cada SEGUNDO DOMINGO de cada mes (salvo setembro). Horario: de 11 a 14 h.

ONDE FACEMOS AS ACTIVIDADES? En diferentes espazos naturais de cercanía de cada cidade. Tódalas actividades se realizarán ó aire libre. En caso de condicións meteorolóxicas moi adversas mudaremos a actividade de data.
A cada fin de mes vos iremos informando vía mail /redes sociais dos lugares onde faremos cada encontro no mes seguinte, lugar e data de encontro, información da actividade, etc.

PARA PARTICIPAR: É necesario inscribirse. Terán prioridade de participación os nenos inscritos no grupo e non a unha única actividade .

INSCRICIÓNS: Se queredes inscribir aos vosos fillos ó grupo de xogo dos BOSQUINENOS reenviádenos un correo solicitando praza nalgunha das Tribus e vos reenviaremos a folla de inscrición que deberedes cubrir cos datos do neno.

Con cada inscrición NON PUNTUAL á Tribu cada neno recibirá de regalo unha mochila e unha cantimplora, que deberán traer a cada encontro para levar o resto do seu picnic.

CUOTAS: ✴TARIFAS DE INSCRICIÓN MENSUAL:

– Socios* Alados Medioambiente: 16 euros/mes por neno.
Inclúe regalo dunha mochila e unha cantimplora para fomentar hábitos ecolóxicos de consumo.
(Descontos de 1 euro en cada tarifa por irmán/acompañante inscrito.)

– Non Socios* Alados Medioambiente: 20 euros/mes por neno.
Inclúe regalo de unha mochila e unha cantimplora para fomentar hábitos ecolóxicos de consumo.
(Descontos de 1 euro en cada tarifa por irmán/acompañante inscrito.)

✴TARIFA 1 única ACTIVIDADE:
Socios: 9 euros/rapaz.
Non Socios: 12 euros/rapaz.
SEN REGALO E SEN DESCONTOS.

*Excepto Setembro, decembro e xaneiro que ó haber 1 só encontro no mes se aplicará a tarifa de 1 actividade.

✴TÓDALAS TARIFAS INCLÚEN: Educadores ambientais en ratio 1/10 + material para tódalas actividades + picnic ecolóxico + seguro

PARA SABER MÁIS DO PROXECTO DOS BOSQUINENOS PREMER AQUÍ

ste setembro, en pleno periodo de migración de aves sairemos ó campo a explorar na súa procura!

TRIBU VIGO: Sábado 23/09 de 11,00 a 14,00 h na Xunqueira do Río Lagares.
+INFO: AQUÍ

TRIBU PONTEVEDRA: Sábado 30/09 de 11,00 a 14,00 h na Xunqueira do Alba.
+INFO: AQUÍ

 

Hora

Setembro 1 (Venres) - Decembro 31 (Domingo)

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa