outubro, 2017

08out18:00MUNICIPALToni Bright presenta "No te creas la verdad. Magia de la mente"18:00 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Despois de “Volver a Creer”, volve Toni Bright co seu segundo espectáculo: “No te creas la verdad”, un show ameno, dinámico e moi participativo, un show tanto como para nenos como para adultos.

Toni Bright, un dos mellores e máis afamados magos da mente do noso país, tráenos o seu segundo espectáculo “No te creas la verdad”, un show impactante, no que verás como un mentalista domina a psicoloxía, as habilidades sociais, a suxestión…

Pódese contactar cos espíritos? Pódese ler a mente das persoas? Pódese influír nas nosas decisións? Pódese utilizar a psicoloxía para saber cando alguén nos mente?
Non te persas o seu novo espectáculo… e lembra: “No te creas la verdad”

Show recomendado a partir de 5 anos.

Prezo: desde 9 €. Venda anticipada de entradas en Ataquilla.com e de non esgotarse, 1h antes na billeteira do Teatro.

 

Hora

(Domingo) 18:00

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa