xuño, 2020

12xuñ(xuñ 12)00:0023ago(ago 23)00:00MUNICIPALAs festas de verán estarán repartidas polo centro e polos barrios(xuño 12) 00:00 - (agosto 23) 00:00 Evento tipo:Escena,Máis…,Municipal,Música,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

Toda a cidade estará en festas este verán con 13 escenarios repartidos polo centro
e polos barrios.

Entre todos os espazos suman un aforo de 2.098 persoas sentadas, contabilizado coas distancias e medidas de seguridade vixentes neste momento.

O espazo con máis aforo é a praza de España, con cabida para 314 persoas, e o máis reducido a praza de Barcelos con capacidade para 70.

As festas “sen aglomeracións e con actuacións simultáneas” que anunciara a finais do
mes pasado a concelleira Carme da Silva, contarán con 13 escenarios en diferentes
puntos do centro e e dos barrios da cidade. Esta multiplicidade de espazos permitirá, tal e
como estaba previsto, combinar o calendario festivo e a programación de verán coa
seguridade das persoas, tanto público como artistas e traballadores.

O servizo de Festas, que estivo durante as últimas semanas estudando os diferentes
espazos dispoñibles, determinou a capacidade de cada un destes espazos atendendo ás
distancias e medidas de seguridade vixentes neste momento. Isto é, todas as persoas
estarán sentadas e a distancia de seguridade entre cadeiras é de dous metros, ao que se
lle engaden os corredores e espazos necesarios para establecer os fluxos de circulación.

A capacidade de cada un destes lugares implicará, ademais, o deseño dunha
programación que inclúa actuacións de diverso formato e coherente con cada un dos
espazos, con opcións para todo tipo de públicos e con variedade de estilos e disciplinas
como teatro, música, audiovisual ou maxia. Neste sentido, Carme da Silva lembra que
“temos unha cidade pioneira no seu modelo urbano o que nos permite adaptarnos ás
circunstancias que hai en cada momento para poder programar ou reprogramar as
distintas actividades”.

O programa definitivo, que está sendo xa ultimado, contempla que a programación de
verán dea inicio a finais de xuño e incluirá grupos, compañías e empresas de servizos culturais e de espectáculos maioritariamente de Pontevedra e da súa contorna. Deste
xeito, tal e como xa manifestara Carme da Silva “o esforzo por readaptar a programación
dentro deste marco vai supoñer unha inxección de recursos importante para empresas da
zona”, ao que se lle suma a “dinamización do comercio e da hostelaría” que supoñen as
festas e toda a programación de verán.

Os espazos e os seus correspondentes aforos son os seguintes:

1. Praza da Ferraría: 187 persoas
2. Praza da Pedreira: 77 persoas
3. Praza de España: 314 persoas
4. Xardíns Arquitecto Sesmeros (Alameda): 200 persoas
5. Parque das Palmeiras: 150 persoas
6. Pistas Campolongo: 300 persoas
7. Parque Amalia Álvarez: 120 persoas
8. Xardíns María Victoria Moreno: 160 persoas
9. Praza da Curtidoira: 100 persoas
10. Xardíns da Parda: 100 persoas
11. Praza de Barcelos: 70 persoas
12. Monte Porreiro: 200 persoas
13. Xardín paseo río dos Gafos: 120 persoas

Hora

Xuño 12 (Venres) 00:00 - Agosto 23 (Domingo) 00:00

X