novembro, 2017

18nov22:30The Soul Breakers en concerto22:30 Sala Karma. Marqués de Riestra, 30. 36001 PontevedraEvento tipo:Música

Máis

Detalles do Evento

The Soul Breakers é unha banda que aúna swing, funk, soul, rhythm&blues e rock para dar un son intenso a través dun show dinámico e transmitir a amálgama de emocións ao público a través das súas composicións.

Como carne de directo, os seus compoñentes, con traxectorias amplas no mundo da música, reuníronse para dar renda solta a un proxecto común cheo de forza, expresividade e matices, a través dun intenso e variado repertorio.

Bea Mazaira á voz, Juan Pablo Charlo á guitarra, Sara Martínez ao saxo, Jesús Vidal ao baixo e Ernesto Belín á batería forman esta banda cuxo fin é gozar da música, compartila e non deixar indiferente a ninguén.

Apertura de portas ás 22:00 h.

Prezo: 5 €. Entradas á venda na billeteira.

+info. en facebook.com/SalaKarmaPO

 

Hora

(Sábado) 22:30

Localización

Sala Karma

Sala Karma. Marqués de Riestra, 30. 36001 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa