febreiro, 2018

23feb21:30"The Show Must Go On..." Concerto de Doctor Queen21:30 Pazo da Cultura. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 PontevedraEvento tipo:Municipal,Música

Máis

Detalles do Evento

Dr. Queen, a banda arxentina tributo a Queen máis importante do mundo regresa a España, no seu oitavo ano consecutivo, cun espectáculo unico, novo e orixinal, novos vestiarios e setlist, despois de percorrer Europa e América con éxitos cultivados en países como Colombia, Ecuador, Bolivia, Paraguai, Uruguai, Arxentina, Brasil, Centroamérica e outros.

Durante máis de 19 anos, a banda tributo Arxentina liderada polo médico cardiólogo Jorge Busetto, alcumado Dr. Queen, percorreu centos de escenarios ao redor do mundo, ofrecendo sempre na vangarda o espectáculo tributo.

Nesta oportunidade, un show único, novo e que ninguén aínda tentou emular no mundo, contendo as cancións máis belas compostas por Freddie Mercury, desde a súa etapa en Queen ata a súa etapa solista. É así, que este setlist estará composto polos máis grandes éxitos compostos por Freddie en todas as súas etapas, e a gran maioría, sen podelos presentar en vivo polo mesmo.

Un espectáculo ao cal ninguén se atreveu nunca debido á complexidade musical, e ademais, só pode ser cantado pola voz de Freddie Mercury, que desde hai anos reina na garganta de Dr. Queen para o deleite de todos aqueles seguidores da súa música que aínda queren sentir o directo xunto ao seu ídolo.

Prezo: desde 20 €. Entradas anticipadas á venda en ataquilla.com

 

Hora

(Venres) 21:30

Localización

Pazo da Cultura

Pazo da Cultura. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa