febreiro, 2019

19feb20:30MUNICIPAL'The Florida Project'. Proxección do Cineclube Pontevedra20:30 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Proxección do filme The Florida Project, organizada polo Cineclube Pontevedra.

The Florida Project, Sean Baker, EE UU, 2017, 115 min. Lingua: inglés.


Sinopse: Moonee soña con ir a Disneylandia, pero o máis preto que estivo é o motel barato ás aforas de Orlando (Florida), no que vive coa súa nai Halley, de 22 anos: o Magic Castle Motel. O máis parecido que Moonee ten a un pai é Bobby, o xerente do motel, un home cauto e dilixente que se mofa das pallasadas dos nenos. Halley perdeu o seu traballo, e outra nena da mesma idade que Moonee acaba de mudarse ao motel do lado. Promete ser un verán inesquecible.


Nominada a Mellor Actor de Reparto (Willem Dafoe) nos Globos de Ouro e nos Oscar 2017 / Nominada a Mellor Actor Secundario (Willem Dafoe) nos Bafta 2017 / Nominada a Mellor Película, actor, actriz novel e Premio do Público nos Gotham 2017


«The Florida Project non deixa de ser un filme político, en cato que trata sobre os esquecidos do Soño Americano, mais faino cunha tenrura e unha delicadeza na que non se detecta un ápice de impostura. Supura autenticidade mais non resulta sombría. O filme de Baker é, ante todo, unha celebración do cinema e da vida, aínda que tamén doe, coma o mundo real» (Philipp Engel, Fotogramas).


O Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen están dirixidas as súas actividades.

Asóciate por 60 € ao ano, 18 € ao trimestre ou 2 € por pase.

+info. en cineclubepontevedra.blogspot.com

 

Hora

(Martes) 20:30

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa