xullo, 2018

26xul21:00MUNICIPAL"Sons na rúa", coa Banda da Música de Pontevedra21:00 Praza do Teucro. 36002 PontevedraEvento tipo:Municipal,Música

Máis

Detalles do Evento

Chega o verán e con el a Banda de Música de Pontevedra sae a rúa co programa “Sons na rúa”, sete concertos nas prazas da cidade que arrancan o xoves 7 de xuño ás 21.00 horas no Palco da Alameda e que rematarán mergullándose na programación das festas da Peregrina.

Nos sete concertos programados, que terán lugar en prazas da cidade, dous en xuño, dous en xullo e tres en agosto, teñen cabida pasodobres, musicais, música do mundo, unha escolma clásica ou citas tan especiais como o recital Rêveries françaises co director convidado Miguel Etchegoncelay (Arxentina) ou o agardado Man a man coa Banda de Música de Salcedo.

Xoves, 7 de xuño. 21:00 h. Palco da Alameda

“Pasodobres do S. XXI”

Xoves, 21 de xuño. 21:00 h. Praza do Teucro

“Un Paseo por Broadway”

Xoves, 5 de xuño. 21:00 h. Praza do Teucro

“Rêveries fançaises”. Director convidado: Miguel Etchegoncelay (Arxentina)

Xoves, 26 de xullo. 21:00 h. Praza do Teucro

“Converxencias”

Xoves, 2 de agosto. 20:30 h. Praza Irmáns Pazó

“Delicatessen musicais”

Luns, 13 de agosto. 21:00 h. Praza da Ferraría

“Man a Man”

Venres, 17 de agosto. 22:30 h. Praza do Teucro

“Antoloxía da zarzuela”

Programa “Sons na rúa 2018”

 

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Praza do Teucro

Praza do Teucro. 36002 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa