xaneiro, 2020

17xanTodo o Día19MUNICIPAL"Si, quero", salón de eventos, vodas e grandes celebracións(Todo o Día) Recinto Feiral de Pontevedra. Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 PontevedraEvento tipo:Máis…,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Máis de 50 expositores especializados en invitacións, listas, vestidos e traxes de voda, xoiería, viaxes, hoteis, restaurantes, moda para invitados, flores, fotografía ou arras, agardan no Recinto Feiral de Pontevedra esta fin de semana a todos aqueles que están pensando en da-lo paso adiante. O salón de eventos, vodas e grandes celebracións ‘Si, quero’, impulsado pola concelleira de Promoción Económica e Turismo, a socialista Yoya Blanco, chega a esta VIII edición como “un referente a nivel galego e unha cita obrigada para tódolos que teñan entre os seus plans unirse en matrimonio durante os vindeiros meses”.

Así, o público que se achegue ata os expositores, que permanecerán abertos os días 17, 18 e 19 de xaneiro, poderán atopar resposta a cuestións como a reserva dun lugar para o evento, a contratación do servizo de fotografía e vídeo ou a selección dos traxes e a decoración. Segundo apunta Yoya Blanco, as casetas estarán abertas o venres 17 en horario de 16.30 a 20.00 horas e o sábado e domingo de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas.

“Durante estas xornadas haberá desfiles de vestidos de noiva e de festa, traxes de noivo, comuñón e arras, e mesmo demostracións de barbería ou maquillaxe, así como decenas de stands”, avanza a concelleira de Promoción Económica.

Hora

xaneiro 17 (Venres) - 19 (Domingo)

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Recinto Feiral de Pontevedra. Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa