febreiro, 2020

15feb21:30MUNICIPALRemember Queen World Tour 202021:30 Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 PontevedraEvento tipo:Municipal,Música

Máis

Detalles do Evento

Comeza unha nova tempada do espectáculo Remember Queen, o espectáculo homenaxe a QUEEN que triunfa desde o ano 2005 nos mellores escenarios de toda Europa. Tras estar presente un mes na Gran Vía de Madrid estivo presente cun éxito rotundo en máis de 70 cidades durante o ano 2019.

Os artistas en Remember Queen coidan o máis mínimo detalle do espectáculo orixinal cunha posta en escena similar á que estes utilizaban na Xira do 86, sendo a última Xira de QUEEN con “Freddie Mercury” en escena. A formación orixinal que apaixono nos escenarios de todo o mundo.

Queen era excepcional porque os seus músicos eran excepcionais , como a súa batería Roger Taylor, recoñecido e destacado músico da historia do rock, que ademais foi compositor de gran parte dos éxitos como “Radio Ga Ga”, “A Kind of Magic”. O batería de Remember Queen Roberto D´ Amicis interpreta como ninguén outros éxitos de Queen como “I’m In Love With My Car”.

Todos os grandes como “We are the Champions” ou “Bohemian Rapsody” nun espectáculo de éxito internacional visto por máis de cincocentas mil persoas protagonizado polo mellor dobre do mundo de Freddie Mercury, Piero Venery que desde Italia ofrécenos unha impecable caracterización do artista, xunto aos seus xestos, bailes e posta en escena.

Prezo: desde 26,00 €. Entradas á venda no Café Tertulia de Pontevedra e en ataquilla.com

 

Hora

(Sábado) 21:30

Localización

Auditorio do Pazo da Cultura

Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa