febreiro, 2019

01feb20:00Relatorio arredor do libro de poemas "Tempa Maltreita", de Alexander Vórtice20:00 Espazo Nemonon. Villa Pilar, Rúa Marqués de Riestra, 11. PontevedraEvento tipo:Máis…

Máis

Detalles do Evento

O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor do libro de poemas “Tempa Maltreita”, de Alexander Vórtice, publicado pola Editorial Discursiva.

O acto terá lugar o vindeiro venres 1 de febreiro, ás 20 horas, no Espazo Nemonon. O autor estará acompañado por Anxo González Guerra.

Da obra
Tempa maltreita supón unha viaxe de ida e volta ata o máis fondo das emocións propiamente humanas: noites acedas, corredoiras húmidas, persoas falcilmente substituíbles e pensións de mala morte, sempre procurando un lugar onde a esperanza poida reverdecer e brotar entre a negrura que nos outorgan as patadas do destino.

Poemario que vai suxeito ao espirito dun poeta desalmado, malferido e exposto á resonancia dunha existencia que, en ocasións, pesa tanto que o versificador debe retroceder uns cantos pasos para alcanzar unha catarse poderosa.

Versos de lata estriada, poemas mesturados con escombros propios e alleos… e sentimentos que permanecen malia o leve que é a vida e os grolos de cervexa negra.

Do autor
Alexander Vórtice (Pontevedra, 1979), é poeta, columnista, escritor e colaborador en diversos blogs literarios tanto en España como en Sudamérica. As súas obras publicadas ata hoxe son ‘Destilería Ocaso’ (2004), ‘Neurosis Tremens’ (2005), ‘Material de Soños’ (2008), ‘Dios y Otros Superhéroes’ (2013) e ‘Vegetaciones Carnívoras’ (2015). Ten sido galardoado con diversos premios literarios tanto a nivel autonómico como estatal.

+info. en facebook.com/ateneodepontevedra

 

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Espazo Nemonon

Espazo Nemonon. Villa Pilar, Rúa Marqués de Riestra, 11. Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa