outubro, 2017

20out21:00MUNICIPALProxección do documental “Oldman: El último Triatleta”21:00 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Máis…,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Proxección do documental “Oldman: El último Triatleta”, de Antón Cruces. Unha historia de superación, de tríatlon, un conto de pais e fillos.

Nadador, ciclista, tirador de foso olímpico, xogador de hockey sobre patíns co Deportivo da Coruña, do primeiro curso de socorristas de Galicia… todo aquilo desembocou xa pasada a fronteira dos 40 no tríatlon, un deporte que, a finais dos oitenta en España, poucos coñecían, menos entendían e case ninguén practicaba.

Manuel Cruces “Panoramix” de 72 anos fundou un dos primeiros clubes e en 2016 segue competindo. Nin a idade, nin lesións nin un atropelo puideron co seu afán de superación.

Javier Gómez Noya, así como triatletas de referencia como Iván Raña, Saleta Castro e David Castro participan neste documental.

Entrada de balde ata completar cabida.

+info. facebook.com/oldmanelultimotriatleta

 

Hora

(Venres) 21:00

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa