marzo, 2020

08mar19:00MUNICIPALProxección de "A FAMOSA INVASIÓN DOS OSOS EN SICILIA"19:00 Evento tipo:Escena,Máis…,Municipal,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

O Cineclube Pontevedra colabora un ano máis co Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que nesta edición de 2020 ten como temática o humor e como país convidado Italia.

Partindo destas dúas premisas e sen perder de vista o libro e o literario propoñemos estas dúas xornadas de cinema familiar, cuxa proxección terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra os días 8 e 19 de marzo ás 19:00 h.

A entrada será de balde até completar cabida e os filmes proxectaranse en versión dobrada, para que poidan gozar delas grandes e pequenxs.

 

Domingo 8 de marzo ás 19:00, no Teatro Principal de Pontevedra

A FAMOSA INVASIÓN DOS OSOS EN SICILIA

Lorenzo Mattotti, 2019, 82 min., VE

*Adaptación literaria  *Italia

O recoñecido artista gráfico e historietista italiano Lorenzo Mattotti (Brescia, 1954) debuta aos 65 anos na longametraxe animada con A famosa invasión dos osos en Sicilia, marabillosa adaptación dun dos grandes clásicos da literatura infantil italiana, a obra homónima escrita e ilustrada por Dino Buzzati (1906-1972) en 1945. A historia de como os osos invaden Sicilia para recuperar o fillo perdido do Rei Oso reflicte unha convivencia entre os osos e a humanidade marcada pola desconfianza, para erguerse en parábola sobre a colonización, a apropiación cultural e o abuso de poder.

A famosa invasión dos osos en Sicilia é unha xoia da animación moderna que se presentou en 2019 no Festival de Cannes (sección Un certain Regard), onde foi sinalada coma a mellor colleita animada do certame en moitos anos. A súa première en España tivo lugar no Festival de Sevilla, onde competiu tanto en Sección Oficial coma na Sección Europa Júnior e de onde marchou cunha Mención Especial e co Premio Europa Júnior do Festival.

En palabras do propio Mattotti, A famosa invasión dos osos en Sicilia é: «Un conto que lles encanta aos nenos, porque é unha mestura fantástica de imaxinación sen límites e unha historia profunda. Mais tamén nos encanta aos maiores porque está ateigado de temas interesantes coma a relación entre pais e fillos, entre a humanidade e a natureza ou a sede de poder».

En definitiva, deleite plástico infinito e múltiples capas de significado configuran una obra que parte do infantil para acadar a universalidade. 

 

Xoves 19 de marzo ás 19:00, no Teatro Principal de Pontevedra

FANTÁSTICO SEÑOR FOX

Wes Anderson, 2009, 88 min., VE

*Adaptación literaria  *Humor

O persoal cineasta estadounidense Wes Anderson (Illa de cans, Life Aquatic, Gran Hotel Budapest) lánzase en 2009 á aventura de adaptar ao cinema un dos contos máis populares do autor galés Roald Dahl, Fantastic Mr. Fox (publicado en España coma El Superzorro), utilizando a técnica artesanal do stop-motion.

O filme, nominado ao Oscar á Mellor Animación, achéganos á fin da paz reinante na idílica vida familiar do señor e a señora Fox, o seu fillo Ash e o seu sobriño Kristofferson, cando o señor Fox sente a chamada do salvaxe e volve ao mal hábito de roubar galiñas, colocando sobre a mesa temas coma a especulación inmobiliaria, a destrución do medio ambiente e a extición dos animais salvaxes.

 

Hora

(Domingo) 19:00

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa