outubro, 2017

14out22:30Presentación do novo traballo do Trío ZAPA!22:30 Sala Karma. Marqués de Riestra, 30. 36001 PontevedraEvento tipo:Música

Máis

Detalles do Evento

Presentación de “Igual es diferente”, o novo traballo do Trío ZAPA!

ZAPA! é un trio de rock formado en Compostela por músicos de tres xeracións. Iníciase en 2015 ao redor das composicións de Martin Zapata, guitarrista e cantante. Con Fran Facal á batería e Jacobo García ao baixo dan forma a un rock potente e denso, que nos leva desde o son dos 70s ata o stoner actual. Na súa primeira gravación (Igual é diferente; 2017) denuncian a contaminación do mercantilismo no cotián, o amor e a arte, mostrando reacción contra o esmagador poder do falso e o aparente, en cinco exemplos de furia transformada en celebración catártica.

Concerto da Rede Galega de Música ao Vivo.

Apertura de portas ás 22:00 h.

Prezo: 5 €. Entradas á venda na billeteira.

+info. en facebook.com/SalaKarmaPO

 

Hora

(Sábado) 22:30

Localización

Sala Karma

Sala Karma. Marqués de Riestra, 30. 36001 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa