novembro, 2019

08nov20:00Presentación do libro "Náufragas no mar e na terra"20:00 Espazo Nemonon. Villa Pilar, Rúa Marqués de Riestra, 11. PontevedraEvento tipo:Máis…

Máis

Detalles do Evento

Presentación do libro Náufragas no mar e na terra, de Elisabeth Oliveira.

Venres 8 de novembro, no Espazo Nemonón (Marqués de Riestra, 11, 1º andar) ás 20:00 h. cunha posta en escena e a participación do editor Wladimir Vaz e a escritora Carmen Quinteiro.

Elisabeth Oliveira

Profesora, traductora e poeta franco-portuguesa, leva trece anos instalada en Pontevedra.

Autora de POESIS (2016), poemario en galego, castelán, portugués e francés cuxos textos, da man de catro cantautores da península e dalén dos mares, deron vida a un CD que acompaña o libro , confesa que a súa inspiración lle ven a miúdo da poesía da(s) música(s).

Os versos nácenlle do que observa, do invisible das cousas, da rabia que lle provoca a actualidade, e xurden tanto en galego coma en castelán, francés ou portugué

En Náufragas no mar e na terra (ed. Urutau), composto todo en galego, afonda na temática das mulleres maltratadas pola vida.

Porén, pecha o poemario cunha chamada á esperanza e ao cambio.

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Espazo Nemonón. Villa PIlar

Espazo Nemonon. Villa Pilar, Rúa Marqués de Riestra, 11. Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa