decembro, 2019

19dec19:00presentación do libro 'Galicia. Una nación entre dos mundos', de Ramón Villares Paz19:00 Sexto Edificio. Museo de Pontevedra. Rúa Padre Amoedo Carballo, 3, 36002 PontevedraEvento tipo:Máis…

Máis

Detalles do Evento

O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acolle a presentación do libro ‘Galicia. Una nación entre dos mundos’ de Ramón Villares Paz.

Ramón Villares estará acompañado de Rosario Álvarez (presidenta do Consello da Cultura Galega) e de Víctor Freixanes (presidente da Real Academia Galega).

O libro, editado por Pasado & Presente, ofrece unha explicación do proceso histórico de creación da identidade de Galicia como cultura-nación, as súas crenzas e os seus conflitos, analizando tamén as conexións que a vincularon con outros territorios, en especial, de América Latina. Trátase dunha obra que pretende facer comprender as referencias políticas, culturais e económicas que conformaron o galeguismo dende a Idade Media ata agora. Di Ramón Villares no prefacio do libro que “Se trata de una aventura mundial de gente humilde pero esforzada que ha hecho realidad el verso de Rosalía de Castro: toda a terra é dos homes”.

Ramón Villares Paz, autor de varias obras de ensaio en galego e castelán, é catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. Foi presidente do Consello da Cultura Galega de 2006 ata o ano 2018, decano da Facultade de Xeografía e Historia e Reitor da USC entre 1990 e 1994. Actualmente é membro da Real Academia Gallega e pertence a varios padroados de centros e fundacións como o Museo do Pobo Galego, a Fundación Juana de Vega, a Fundación Luis Seoane e o Centro Galego da Arte Contemporánea, entre outros.

Hora

(Xoves) 19:00

Localización

Sexto Edificio. Museo de Pontevedra

Sexto Edificio. Museo de Pontevedra. Rúa Padre Amoedo Carballo, 3, 36002 Pontevedra

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa