maio, 2020

27mai(mai 27)00:0023out(out 23)00:00Premios Youtubeir@s 2020. A expandir a rede(maio 27) 00:00 - (outubro 23) 00:00 Evento tipo:Escena,Máis…,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

Youtubeir@s chega á súa cuarta edición para continuar enchendo de vídeos en galego o Youtube, a rede social máis grande do mundo, impulsando a creación de contidos propios e promovendo  referentes na nosa lingua.

Dende a súa primeira edición en 2016, Youtubeir@s é un proxecto de visibilización para os creadores e as creadoras en galego, que favorece o nacemento e a expansión dunha comunidade cada vez máis forte e con personalidade propia. Youtubeir@s realiza obradoiros, coloquios, debates e presentacións por todo o territorio para proxectar o galego como lingua viva na Rede.

A edición deste ano chega con aires renovados a través da súa nova web e cunha morea de novidades nas bases os premios. O proxecto aumenta o número de galardóns e a contía dos premios con 7500 €. Ademais, despídese das categorías anteriores e prescinde dos límites de tempo abrindo o abano de posibilidades. Consellos, sabedoría, música, xogos, viaxes, experimentos…,  todo o que se queira en galego no Youtube.  Participa! Consulta aquí as bases.

Youtubeir@s é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Moaña, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo, Rianxo e O Grove, das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e da Deputación da Coruña.

+info. en https://youtubeiras.gal/inicio/

 

Hora

Maio 27 (Mércores) 00:00 - Outubro 23 (Venres) 00:00

X