xuño, 2018

07xuñTodo o Día31agoMUNICIPAL"Ponteverán 2018". Programa de actividades para a mocidade no verán(Todo o Día) Evento tipo:Cursos,Escena,Exposicións,Máis…,Municipal,Música,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

Chega unha nova edición do programa lúdico-educativo de actividades socioculturais no verán: obradoiros, campamentos, estadias… etc.

Dirixido á mocidade do municipio de Pontevedra (no caso de non se cubrir as prazas poderán optar persoas doutros concellos).

Cada actividade ten o seu prazo de solicitude (consulta a información).

 

CAMPAMENTOS E ESTADÍAS

  • CAMPAMENTO DE TEMPO LIBRE “EQUAL”. De 12 a 14 anos. Do 23 ao 30 de xullo.
  • ESTADÍA “NATUREZA E LECER NAS BEIRAS DO MIÑO”. De 18 a 35 anos. Do 13 ao 15 de xullo.
  • AULA DE NATUREZA E INTERPRETACIÓN. De 8 a 12 anos. Datas a escoller entre unha das tres nas quendas: 2-16 de xullo, 17-31 de xullo ou 1-14 de agosto.

 

ACTIVIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS E NO MEDIO NATURAL

  • GRANDE XOGO SURVIVAL ZOMBIE “TERRA DE ZOMBIES”. De 16 a 35 anos. Martes 31 de xullo.
  • SAÍDA OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA. Maiores de 12 anos. Venres 3 de agosto.
  • ROTEIRO CULTURAL POLO RÍO BATÁN. Maiores de 12 anos. Venres 10 de agosto.
  • XORNADA DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA. Maiores de 6 anos. Domingo 19 de agosto.
  • CELEBRACIÓN DA NOITE EUROPEA DOS MORCEGOS. Maiores de 6 anos. Sábado 25 de agosto.

 

ACTIVIDADES FORMATIVAS

  • OBRADOIRO DE ROBÓTICA. De 8 a 14 anos. Do 2 ao 6 de xullo.
  • OBRADOIRO DE HOLOGRAFÍA E VR. De 8 a14 anos. Do 16 ao 20 de xullo.
  • CURSO DE PROGRAMACIÓN EDUCATIVA. De 15 a 18 anos. Do 23 a 30 de xullo.
  • INFORMÁTICA. NAVEGA, BUSCA, COMPARTE E DESCARGA DE MODO SEGURO. De 13 a 35 anos. Martes, mércores e xoves do 3 de xullo ao 2 de agosto.
  • INFORMÁTICA. PRESENTACIÓNS FOTOS E VIDEO. De 13 a 35 anos. Martes, mércores e xoves do 7 ao 30 de agosto.
  • OBRADOIRO DE COCIÑA. De 15 a 35 anos. 19, 20, 26 e 27 de xullo.
  • CURSOS DE INICIACIÓN AO PIRAGÜISMO EN PONTE SAMPAIO. De 9 a 15 anos. De luns a venres (incluído festivos). Do 23 de xullo ao 3 de agosto, do 6 ao 17 de agosto, do 20 a 31 de agosto.
  • CURSO MEDIADOR EN PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADITIVAS. De 16 a 35 anos. Do 4 ao 6 de xullo.

 

ACTIVIDADES DO LOCAL DE MÚSICA

  • CURSO DE PRODUCCIÓN E ORGANIZACIÓN DE EVENTOS MUSICAIS. Do 18 ao 22 de xuño.
  • OS BOLOS DO LOCAL: “SERÁN DE TRALLA”. 22 de xullo.
  • OS BOLOS DO LOCAL: “SON DA SEREA”. A escena musical emerxente de Pontevedra. 23 e 24 de xullo.
  • OS BOLOS DO LOCAL: “A PEREGRINA”. Grupo teloneiro. 11 de agosto.

 

Descarga o programa completo PONTEVERÁN 2018

Solicitudes para participar nas actividades a partir do 11 de xuño en apuntate.pontevedra.gal

 

Hora

Xuño 7 (Xoves) - Agosto 31 (Venres)

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa