febreiro, 2018

02febTodo o Día25abr“VIII PONTEVEDRADA”(Todo o Día) Praza da FerraríaEvento tipo:Máis…

Máis

Detalles do Evento

O xoves 1 de febreiro ás 00 h. abrese oficialmente o prazo de inscrición para a “VIII Pontevedrada”, unha marcha nocturna e ininterrumpida a pé, de aproximadamente 63 kilómetros, que se leva a cabo todos os anos o último sábado do mes de abril e que transcorre a través do Camiño de Santiago Portugués, desde a cidade de Pontevedra ata a Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela.

ASAMPO (Asociación de Amigxs da Pontevedrada) é a encargada de levar adiante esta iniciativa solidaria, cuxo principal obxectivo e concienciar á poboación da gran importancia que teñen para todxs a doación altruista de sangue, órganos e texidos.

O inicio desta VIII edición terá lugar o sábado 28 de abril ás 20 h. desde a Praza da Ferraría, en Pontevedra.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 25 de abril ás 22 h. +info. e inscrición en asampo.org

 

Hora

Febreiro 2 (Venres) - Abril 25 (Mércores)

Localización

Praza da Ferraría

Praza da Ferraría

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa