xullo, 2020

01xul00:0023ago(ago 23)00:00MUNICIPAL‘Pontevedra vívese’ este verán con 18 programas festivos(xullo 1) 00:00 - (agosto 23) 00:00 Evento tipo:Escena,Máis…,Municipal,Música,Nenxs

Máis

Detalles do Evento

Artistas, compañías e produtoras galegas conforman o programa dunhas festas “diferentes para vivir Pontevedra todo o verán”. A maioría destes programas son de nova creación e ofrecerán durante os meses de xullo e agosto máis de 300 actividades en 13 espazos escénicos repartidos por toda a cidade e polos barrios.

Serán en total 294 actividades, das cales 31 corresponden a actuacións infantís, 123 serán actuacións musicais, 125 de animación de rúa, 10 pases de maxia e 5 proxeccións cinematográficas.

As primeiras actividades terán lugar na praza na Ferreiría no marco do XXI Memorial Ricardo Portela, e continuarán ao longo de xullo e agosto cos 18 programas específicos desta edición: Vén Trebellar, Sondeaquí, A rebulir!, Barullada de Rock,Virar coa Gaita, Música Nova, Artes Vivas, Con Voz de Muller, Noites de Jazz, Cinema na Lúa, Clásicas na Rúa, Urban Pontevedra, Aquí Cántase, Vai de Música, Xeiras das artes, Pontevedra Máxica e a Festa do Demo.

PROGRAMA PONTEVEDRA VÍVESE!

PLANO ESPAZOS ESCÉNICOS

 

 

Hora

Xullo 1 (Mércores) 00:00 - Agosto 23 (Domingo) 00:00

X