novembro, 2019

14novTodo o Día01decMUNICIPALPontedetapas 2019(Todo o Día) Evento tipo:Máis…,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Comeza Pontedetapas 2019, o certame gastronómico que impulsa a concellaría de Promoción Económica de Pontevedra,  e vén cargada de novidades.

Do xoves 14 de novembro ao domingo 1 de decembro, desde a hora de apertura do establecemento, ata as 14.30 horas (pola mañá) e ata as 22.30 horas (pola noite). Consultar horarios do servizo de cóctel.

O concurso gastronómico Pontedetapas é unha cita imprescindible para pontevedreses e turistas que enchen, durante tres semanas de novembro, os establecementos participantes para gozar da cidade e da súa gastronomía, en pequenos bocados. Cada vez son máis os bares e restaurantes que se apuntan a esta iniciativa e cada vez maior é o nivel das súas creacións. Queres axudar a escoller a Tapa Pontevedra, a que máis represente a esencia da nosa cidade?

Durante o mes de novembro ten lugar o concurso gastronómico Pontedetpas, que abre unha xanela para mostrar e compartir a alta calidade e creatividade da gastronomía local e que busca dinamizar o turismo, o comercio local e o sector da restauración.

Os bares e os restaurantes participantes poden presentar as súas creacións en tres modalidades distintas, pero co deber de usar produtos e materias primas de calidade da gastronomía galega. Deste xeito, os aspirantes poden optar ao premio á mellor tapa tradicional, aquela inspirada nas receitas máis arraigadas e significativas da nosa gastronomía, mellor tapa creativa, á máis orixinal e innovadora en sabores, presentación, técnicas empregadas… e mellor cóctel.

A elección dos gañadores recae nun xurado profesional composto por profesionais do ámbito da hostalería, o turismo, o xornalismo gastronómico, bloggers, intelectuais ou entidades relacionadas coa promoción enogastronómica.

Ademais, de entre todas as tapas e cócteles presentados, o público outorga mediante votación popular o premio Tapa Pontevedra á proposta que máis represente a esencia da nosa cidade no sabor, no aroma, nos produtos empregados… A Tapa Pontevedra compite, a súa vez, no concurso De Tapas por Galicia, o certame promovido por Turismo de Galicia para escoller o mellor petisco da comunidade entre os gañadores dos concursos de tapas das sete grandes cidades galegas. Pontevedra fíxose con este galardón en 2016 e 2018.

+info. e bases en pontedetapas.eu

 

Hora

Novembro 14 (Xoves) - Decembro 1 (Domingo)

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa