outubro, 2018

04outTodo o Día20decMUNICIPALPONTEATRO OUTONO 2018(Todo o Día) Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Co outono chega unha nova edición de Ponteatro, que traerá ao Teatro Principal unha escolma dos mellores espectáculos que se poden atopar na escena galega e en galego, seleccionados xunto coa Rede Galega de Teatro.

As entradas para Ponteatro poderán adquirise de xeito anticipado en www.ticketea.com ou na billeteira central da Casa da Luz. O prezo por función é de 8 euros e menores, xubilados e parados, 4 euros máis gastos de tramitación. O abono para todas as funcións é de 36 euros. De non esgotarse as entradas poderanse comprar na billeteira do propio Principal dende unha hora antes de comezar a función.

Ponteatro botará a andar o 4 de outubro e inclúe seis obras: catro funcións, que se celebrarán en xoves e ás 21 horas e dous funcións, correspondentes aos Venres Golfos que levantarán o pano ás 23.59 horas. Son as seguintes:

XOVES DE TEATRO | 21:00h

4 OUT    | A LEITUGA (Eme2 emoción & arte)
18 OUT  | ELISA E MARCELA (A Panadaría en coprodución co CDG)
15 NOV | INVISIBLES (Redrum Teatro)
20 DEC | TROPICAL (Elefante Elegante)

VENRES GOLFOS | 23:59h

26 OUT  | GOLDI LIBRE! (Grupo Chévere)
2 NOV    | ESTÁS AÍ? (Redrum Producciones)

Dossier PONTEATRO OUTONO 2018

+info. en pazodacultura.org

 

Hora

Outubro 4 (Xoves) - Decembro 20 (Xoves)

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa