novembro, 2018

02nov23:59MUNICIPAL"Estás aí?". PONTEATRO OUTONO 2018 | VENRES GOLFOS23:59 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Redrum Teatro presenta “Estás aí?”, dentro do ciclo Ponteatro Outono 2018.

Unha parella acaba de mudarse coa idea de comezar a vivir xuntos. O apartamento é pequeno e incómodo, reina o caos, as caixas de mudanza enchen o lugar, hai problemas coa calefacción e cos veciños do andar de abaixo. Pero isto é nada comparado co que atopan no que eles supoñen o seu novo fogar: a vivenda conta coa presenza dun home invisible.

Aínda por riba, este, algo intratable polo seu carácter, non acepta de moi boas maneiras a chegada da nova parella.

Ponteatro inclúe seis obras: catro funcións, que se celebrarán en xoves e ás 21 horas e dous funcións, correspondentes aos Venres Golfos que levantarán o pano ás 23.59 horas.

As entradas para Ponteatro poderán adquirise de xeito anticipado en www.ticketea.com ou na billeteira central da Casa da Luz. O prezo por función é de 8 euros e menores, xubilados e parados, 4 euros máis gastos de tramitación. O abono para todas as funcións é de 36 euros. De non esgotarse as entradas poderanse comprar na billeteira do propio Principal dende unha hora antes de comezar a función.

Dossier PONTEATRO OUTONO 2018

+info. en pazodacultura.org

 

Hora

(Venres) 23:59

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa