novembro, 2018

15nov21:00MUNICIPAL"Invisibles". PONTEATRO OUTONO 201821:00 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

Redrum Teatro presenta “Invisibles”, dentro do ciclo Ponteatro Outono 2018.

Un lugar indeterminado.
Tres mulleres.
Sete testemuños reais. Setenta minutos.
Un millón de razóns para falar do maltrato.
Non máis invisibles.

Espectáculo coproducido coa concellaría de Igualdade do Concello de Pontevedra, que se basea no libro “Invisibles, relatos do maltrato” da xornalista Montse Fajardo. A obra recolle o relato de 7 vítimas reais do maltrato, e centrou os actos do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres en 2017.

Ponteatro inclúe seis obras: catro funcións, que se celebrarán en xoves e ás 21 horas e dous funcións, correspondentes aos Venres Golfos que levantarán o pano ás 23.59 horas.

As entradas para Ponteatro poderán adquirise de xeito anticipado en www.ticketea.com ou na billeteira central da Casa da Luz. O prezo por función é de 8 euros e menores, xubilados e parados, 4 euros máis gastos de tramitación. O abono para todas as funcións é de 36 euros. De non esgotarse as entradas poderanse comprar na billeteira do propio Principal dende unha hora antes de comezar a función.

Dossier PONTEATRO OUTONO 2018

+info. en pazodacultura.org

 

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa