outubro, 2018

18out21:00MUNICIPAL"Elisa e Marcela". PONTEATRO OUTONO 201821:00 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

A Panadaría (coprodución co CDG) presenta “Elisa e Marcela”, dentro do ciclo Ponteatro Outono 2018.

O 8 de xuño de 1901 dúas mulleres, Elisa e Marcela, casan na igrexa de San Xurxo na Coruña. Para conseguir enganar ao cura e facer oficial o seu amor, Elisa transfórmase en Mario.

A voda e os posteriores sucesos que envolven a súa historia convértenas no primeiro matrimonio homosexual do que temos constancia en todo o estado.

Premio Igualdade Luísa Villalta 2017
XIV Premio LGBT Marcela e Elisa Colectivo Alas 2018
Premio María Casares Mellor Espectáculo 2018
Premio María Casares Mellor Dirección 2018
Premio María Casares Texto Orixinal 2018
Premio María Casares Mellor Actriz Protagonista 2018

Ponteatro inclúe seis obras: catro funcións, que se celebrarán en xoves e ás 21 horas e dous funcións, correspondentes aos Venres Golfos que levantarán o pano ás 23.59 horas.

As entradas para Ponteatro poderán adquirise de xeito anticipado en www.ticketea.com ou na billeteira central da Casa da Luz. O prezo por función é de 8 euros e menores, xubilados e parados, 4 euros máis gastos de tramitación. O abono para todas as funcións é de 36 euros. De non esgotarse as entradas poderanse comprar na billeteira do propio Principal dende unha hora antes de comezar a función.

Dossier PONTEATRO OUTONO 2018

+info. en pazodacultura.org

 

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa