outubro, 2017

05out21:00MUNICIPALPonteatro 2017 - "Voaxa e Carmín"21:00 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

A companía Butaza Zero presenta a obra “Voaxa e Carmín”, dentro do ciclo Ponteatro 2017.

Maruxa e Coralia (Mabel Rivera e Belén Constenla) saen da casa, como cada día, maquilladas ate a extenuación e vestidas a toda cor, dispostas a dar o seu habitual paseo polas rúas de Compostela. Pasear, saúdar, mercar Sansón e galletas María, piropear aos mozos, insultar ás mozas… Todo parece transcorrer sen cambio algún. Porén, hoxe non vai ser un día coma os outros…

• Premio Abrente Textos Teatrais 2015 (Esther F. Carrodeguas)
• María Casares 2016: mellor vestiario (Mari Seoane)
• María Casares 2016: mellor maquillaxe (Trini F. Silva)
• Nominada María Casares mellor actriz protagonista 2016: Mabel Rivera e Belén Constenla
• Nominada Maria Casares 2016 mellor texto orixinal: Esther F. Carrodeguas

Venda anticipada en Ataquilla.com | Prezo por función 8,00 € – Menores, parados e xubilados 4,00 €.

Abono para todas as funcións: 48,00 € | Abono para todas as funcións menores, parados e xubilados: 32,00 €. As entradas ou abonos de prezo reducido pódense comprar por medios telemáticos, pero só se poden retirar na billeteira acreditando a condición de beneficiario.

No caso de non esgotarse as entradas na venda anticipada, estarán á venda 1 h antes na billeteira do Teatro.

+info. en pazodacultura.org

 

Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa