outubro, 2017

27out23:59MUNICIPALPonteatro 2017 - Venres Golfos - "Desconexión"23:59 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Máis…,Municipal

Máis

Detalles do Evento

O actor Xurxo Cortazar presenta a obra “Desconexión”, dentro do ciclo Ponteatro 2017.

O individuo 299/1973 FK3 vive conectado a un semáforo regulando o tránsito de peóns. Ten dobre personalidade: cando viste traxe verde é amable e deixa pasar; cando viste traxe vermello é malencarado e manda parar.

Xornada tras xornada desenvolve a súa rutineira misión sen poder esquecer o seu obxectivo soñado: fuxir cara a liberdade e converterse nun ser humano. Unha avaría no seu sistema fai que saia da súa gaiola e emprenda unha viaxe cara o descoñecido. No seu periplo vaise atopar en situacións descoñecidas para el, que terá que resolver coa dignidade que lle permita ser un monifate sen personalidade definida.

Venda anticipada en Ataquilla.com | Prezo por función 8,00 € – Menores, parados e xubilados 4,00 €.

Abono para todas as funcións: 48,00 € | Abono para todas as funcións menores, parados e xubilados: 32,00 €. As entradas ou abonos de prezo reducido pódense comprar por medios telemáticos, pero só se poden retirar na billeteira acreditando a condición de beneficiario.

No caso de non esgotarse as entradas na venda anticipada, estarán á venda 1 h antes na billeteira do Teatro.

+info. en pazodacultura.org

 

Hora

(Venres) 23:59

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa