novembro, 2017

24nov23:59MUNICIPALPonteatro 2017 - Venres Golfos - "Calypso"23:59 Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6Evento tipo:Escena,Municipal

Máis

Detalles do Evento

A compañía de teatro Voadora prensenta “Calypspo”, dentro do ciclo Ponteatro 2017.

R, G e B son os nomes dos protagonistas de “Calypso”. Obreiros entre dimensións que fabrican as contornas do noso mundo antes de que nos levantemos cada mañá para velo. Un labor complicado, especialmente agora que han de crear unha paisaxe nos albores dun cambio. Unha realidade baixo aviso de inminente derrube.

Voadora elabora nesta ocasión o escenario dunha gran despedida, elegante e extravagante.A fin dun sistema. Das relacións tal e como as entendiamos ata o momento, da intimidade ou da arte, fronte á perspectiva dun abismo descoñecido, ao que se enfrontan con curiosidade.

Venda anticipada en Ataquilla.com | Prezo por función 8,00 € – Menores, parados e xubilados 4,00 €.

Abono para todas as funcións: 48,00 € | Abono para todas as funcións menores, parados e xubilados: 32,00 €. As entradas ou abonos de prezo reducido pódense comprar por medios telemáticos, pero só se poden retirar na billeteira acreditando a condición de beneficiario.

No caso de non esgotarse as entradas na venda anticipada, estarán á venda 1 h antes na billeteira do Teatro.

+info. en pazodacultura.org

 

Hora

(Venres) 23:59

Localización

Teatro Principal

Teatro Principal. Rúa de Paio Gómez Chariño, 6

X
Imagen banner Coronavirus
COVID 19
Por mor do Coronavirus, o Concello de Pontevedra suspendeu os actos cultural.
Durante o confinamento o Concello ofrece asistencia á cidadanía que pode consultar en www.pontevedra.gal/covid-19/
#Pontevedraquedanacasa